24 de novembro de 2020
CONSELLOS PARA USAR A AXENDA
Este curso temos moito que organizar e é moi doado que nos esquezamos de datas importantes, máis despois de pasar tanto tempo dende que fixemos as últimas probas e traballos no curso 19/20.
Por iso, para poñer en marcha a maquinaria de novo, deixamos a vosa disposición unha presentación con consellos básicos para organizar o teu traballo/estudo/vida social e, vida en xeral, a través da axenda escolar.
A axenda é unha ferramenta ideal para reducir despistes e sentirse máis comoda/o traballando a diario, así como, para reducir a presión en pleno almanaque de exames (típico na ESO).