27 de maio de 2020

VÍDEOS DAS XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA VIRTUAIS DA UVIGO






Xa se atopan dipoñibles na canle de Youtube os vídeos das videoconferencias do profesorado e das/os estudantes que contaron a súa experiencia na Universidade de Vigo durante as XOUV no mes de maio. 

Agora podes acceder ó contido en calquera momento PREME AQUI.


Nesta ligazón podes visualizar vídeos anteriores sobre graos que oferta a Uvigo que poden completar a información anterior: https://tv.uvigo.es/series/5b5b5d6d8f4208e03323818a



Para rematar deixamos outra ligazón a o test "Sabes o que queres estudar?", unha ferramenta máis coñecernos un pouco mellor: 




21 de maio de 2020

GRAVACIÓNS DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UDC XA DISPOÑIBLES


Agora xa podes consultar, cando e como queiras, a información sobre a oferta  para o curso 20/21 da UDC (41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos) que se facilitou nas Xornadas de Portas Abertas Virtuais (o pasado mes de abril).


Agora poderás consultar:
  • Videoconferencias en directo de cada titulación.
  • Vídeos dos Centros Universitarios.
  • Vídeos co testemuño de alumnado matriculado e alumando xa titulado.
  • Vídeos da Vida Universitaria.
  • Información de contacto, 
  • Acceso e admisión, 
  • Orientación 
  • Resultados

Para atopar esta información só terás que buscar o grao universitario que che interesa (lembra que as titulacións aparecen agrupadas por Ramas de Coñecemento:  ciencias, artes e humanidades, ciencias da saúde, ciencias sociais e xurídicas, enxeñería e arquitectura).

Acceso a través da seguinte ligazónhttps://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/


"Se estas perdido no camiño, crea un novo"(Anónimo)

19 de maio de 2020

CREA A TÚA RUTINA DE ESTUDO


Tendo en conta que aprender é máis que ler e recordar o día que necesitamos demostrarlle o/a profesor/a canto limos a tarde anterior ou, no mellor dos casos, sabemos (día que  adoita ser o do exame). 

Co paso do tempo, e a medida que os contidos que temos que dominar son cada vez máis difíciles e complexos, comezamos a caer na conta de que isto de aprender é máis ben un proceso, igual de complexo, no que imos ter que relacionar información que xa coñecíamos con datos novos, organizala en categorías e entendela para ser capaces de explicar cada tema e xerar as nosas propias opinións.  


Para simplificar, na presentación aparecen recollidos os pasos necesarios nunha rutina de estudo para que os podas aplicar ou adaptar o teu xeito de estudar.
















15 de maio de 2020

O BACHARELATO: QUE NECESITO SABER?

Se estas interesada/o en coñecer que é, como se organiza e como inscribirte no Bacharelato, déixame decirche que estás no lugar adecuado.

O vídeo que aparece a continuación despexará moitas dúbidas que adoitan aparecer neste momento do curso. Tamén podes descargar o contido en formato PDF (AQUÍ).



Se necesitas máis información, ou tes curiosidade, consulta estas ligazóns:

1) Vídeo: Como elegir bachillerato?





2) Guía, que quero estudar?Facilita a búsqueda de información segundo as modalidades de BAC., o tipo de estudos superiores ou directamente a través do titulo/nome da ensinanza de interese: https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/


3) Consulta as ponderacións das materias de BAC. nas probas ABAU. Ten en conta que esta información actualízase a miúdo e é importante acudir á web da CIUGA periódicamente (sección: ponderacións):



4) Consulta as modalidades preferentes de Bac. para o acceso a ciclos medios e superiores no curso 19/20 para facerte unha idea. De momento non se actualizaron estos datos para o curso 20/21: 



Para calquera dúbida relacioanda co Bacharelato, ponte en contacto co Departamento de orientación .



11 de maio de 2020

SESIÓNS DE TELETRABALLO : Qué? como? onde? para cando?

Nestes dous últimos meses estamos a ver que "teletraballar" ou traballar a distancia ten algunhas ventaxas ( podemos facelo en zapatillas, o horario é máis flexible,...) pero tamén implica algunhas desventaxas ( é doado deixarse levar pola preguiza, deixalo para o último día, esquecerme dos días de entrega, etc.)




Por este motivo, é imprescindible un ritmo de traballo diario e organizar ese tempo que lle imos adicar a desenvolver tarefas/estudar (ao que lle imos chamar "sesión de teletraballo").

Que cousas debemos ter en conta antes de comezar unha sesión de teletraballo?



1.     As materias que imos a traballar cada día. Na ESO recoméndase traballar 3-4 materias por sesión. 

2.    A plataforma pola que nos chegan as tarefas (Classroom, aula virtual, etc.). Aquí podemos recoller por escrito o email do profesor/a, así como, o contrasinal de acceso para telo a man.

3.     As tarefas de cada materia (Qué teño que facer?)

4.     As datas de entrega de cada traballo/tarefa.

5.     Trátase de poñer orde e dar prioridade. É dicir, pensar por cal das materias vou a comezar a sesión e a orde que vou a seguir cas demais ( 1ª, 2ª, 3ª ou 4ª).

Dous aspectos clave: 

a) A data de entrega (que xa nos está a dar pistas sobre a urxencia da tarefa) 

b) Comezar polas tarefas que requirán máis tempo e esforzo (as máis difíciles, para entendernos) e deixar para o final aquelas actividades que requiran menos concentración. 

6.    Revisar se temos algunha titoría en liña esa xornada (e anotala).

7.  Consello: marca as tarefas que vas facendo e, se ó rematar a sesión tes algunha tarefa pendente ou sen rematar deixaa marcada para tela en conta na seguinte sesión.




Este organizador para sesións de teletraballo pode ser unha ferramenta útil. Descarga a prantilla en PDF ou o documento editable en WORD.