Hoxe imos a falar da Formación Profesional (FP para case todas e todos nós).
Na presentación aparece información importante sobre o qué é e o que no é, a súa estrutura, organización, centrándonos despois nos Ciclos Formativos de Grao Medio e o seu proceso de admisión e matrícula.
Ademáis de toda esta información, o seu formato interactivo levaranos a diferentes webs e vídeos que nos axudarán a ter unha idea mellor sobre a FP, a súa oferta (tamén en Galicia), os criterios para acceder, e outras lizagóns que pensamos que poden ser de interese á hora de elexir esta opción formativa.
Como exemplo, veremos o Ciclo Medio de Electromecánica de vehículos e os elementos que necesitamos ter en conta.
Preme na imaxe para descargar
Pero a FP aínda dá para moito máis, así que vos deixamos ligazóns onde atoparedes diferentes recursos e información:
- Axudas económicas para realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT) e a FP Dual (convocatoria 2 de xuño 2020): http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31225
- Decide itinerario: http://www.todofp.es/decide/
- Os títulos de FP máis demandados polas empresas: https://www.youtube.com/watch?v=7tx4L21g6hM
- FP Dual en Galicia: http://www.edu.xunta.gal/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia