Ola a todas e todos,
Queremos darvos a benvida ó alumnado de 6º de EP que se incorpora a 1º ESO no vindeiro curso 20/21 e tamén súas familias. A situación actual non deixa de ser inédita e excepcional e, como sabemos, non é posible realizar as actividades de acollida que se viñan desenvolvendo en curso anteriores ó chegar o mes de Xuño. Pese a iso, a nosa intención é acompañarvos a partir de agora (e aínda que sexa virtualmente) ao longo desta nova etapa.
Se a situación sanitaria e as medidas de seguridade e protección o permiten, a dirección do centro e ó departamento de orientación gustaríanos convidar a un breve encontro o mércores 9 de setembro ás 11:30 ó alumnado e as familias, no que facilitar unha primeira toma de contacto co centro e coa súa organización e funcionamento.
Para ir abrindo boca, ocorréusenos presentarvos a ESO e as actividades no IES a través dunha experiencia un tanto singular.
Para vivila só tes que premer na presentación (lembra premer en todos os botóns e onde vexas as palabras máxicas "+ INFO") e...
BOA VIAXE!