30 de novembro de 2020

ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL 3º ESO (PARTE 1)

 Velaí vai unha presentación coa que imos a comezar a orientación académica e profesional este curso. Comezamos co grupo de 3º ESO, un momento vital no que hai moitas e variadas dúbidas que resolver acerca do vindeiro ano, elección de itinrarios, expectativas de futuro, saídas profesionais... 



Nesta ocasión, recuperamos información xeral sobre a titulación na ESO e centrámonos nos estudos postobrigatorios da Formación Profesional. 

Debemos sinalar que a información empregada básase na normativa actual (novembro 2020) pero é susceptible de ser actualizada ou modificada no caso de que se produzan cambios na lexislación por mor da nova lei de educación.



24 de novembro de 2020

CONSELLOS PARA USAR A AXENDA

Este curso temos moito que organizar e é moi doado que nos esquezamos de datas importantes, máis despois de pasar tanto tempo dende que fixemos as últimas probas e traballos no curso 19/20. Por iso, para poñer en marcha a maquinaria de novo, deixamos a vosa disposición unha presentación con consellos básicos para organizar o teu traballo/estudo/vida social e, vida en xeral, a través da axenda escolar. A axenda é unha ferramenta ideal para reducir despistes e sentirse máis comoda/o traballando a diario, así como, para reducir a presión en pleno almanaque de exames (típico na ESO).