11 de maio de 2020

SESIÓNS DE TELETRABALLO : Qué? como? onde? para cando?

Nestes dous últimos meses estamos a ver que "teletraballar" ou traballar a distancia ten algunhas ventaxas ( podemos facelo en zapatillas, o horario é máis flexible,...) pero tamén implica algunhas desventaxas ( é doado deixarse levar pola preguiza, deixalo para o último día, esquecerme dos días de entrega, etc.)




Por este motivo, é imprescindible un ritmo de traballo diario e organizar ese tempo que lle imos adicar a desenvolver tarefas/estudar (ao que lle imos chamar "sesión de teletraballo").

Que cousas debemos ter en conta antes de comezar unha sesión de teletraballo?



1.     As materias que imos a traballar cada día. Na ESO recoméndase traballar 3-4 materias por sesión. 

2.    A plataforma pola que nos chegan as tarefas (Classroom, aula virtual, etc.). Aquí podemos recoller por escrito o email do profesor/a, así como, o contrasinal de acceso para telo a man.

3.     As tarefas de cada materia (Qué teño que facer?)

4.     As datas de entrega de cada traballo/tarefa.

5.     Trátase de poñer orde e dar prioridade. É dicir, pensar por cal das materias vou a comezar a sesión e a orde que vou a seguir cas demais ( 1ª, 2ª, 3ª ou 4ª).

Dous aspectos clave: 

a) A data de entrega (que xa nos está a dar pistas sobre a urxencia da tarefa) 

b) Comezar polas tarefas que requirán máis tempo e esforzo (as máis difíciles, para entendernos) e deixar para o final aquelas actividades que requiran menos concentración. 

6.    Revisar se temos algunha titoría en liña esa xornada (e anotala).

7.  Consello: marca as tarefas que vas facendo e, se ó rematar a sesión tes algunha tarefa pendente ou sen rematar deixaa marcada para tela en conta na seguinte sesión.




Este organizador para sesións de teletraballo pode ser unha ferramenta útil. Descarga a prantilla en PDF ou o documento editable en WORD.