30 de marzo de 2021

VIAXE Ó FUTURO TRIPULACIÓN 4º ESO: orientación e información para crear o meu plan de vida

 Pasen, acomódense e vexan toda a información que xa esta dispoñible no taboleiro dixital para acompañarvos neste viaxe ó futuro. 

Para nós é un pracer partillar esta experiencia coa tripulación de 4º ESO.

Abrochade cinturóns, encendemos motores en...3,2,1.

Hecho con Padlet

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL 4º ESO: QUERES COÑECER BACHILLERATO?

 

Estás en 4º ESO e estas interesado en coñecer que é o que ven despois do curso 20/21?


Cres que o pode ser a túa opción Bacharelato?


Ou tes claro que Bac. e a vía cara os estudos superiores que che interesan?

Pois esta entrada é perfecta para ti. 

Na presentación atoparás información básica sobre o que é o Bacharelato dentro do ensino medio e o seu sentido, requisitos de acceso, promoción e titulación, como se organiza, relación coas probas ABAU, becas, etc. 

Ademáis, poñemos a túa disposición diferentes ligazóns coas cales podes facer consultas ou ampliar información relacionda coas cuestións que se abordan ao longo da presentación. Con todo isto queremos achegar información que che resulte últil para facer a túa elección o máis axeitada posible.


Preme na imaxe para acceder😅


Reláxate e goza!

 


8 de marzo de 2021

O AMOR QUE VALE, O AMOR VALENTE: 4º ESO





Existen tantas formas e expresións de amor, de amorsar agarirmo e afecto como persoas hai neste planeta (ousexa un montón). Todas e cada unha son válidas e nos axudan a entender que todos e cada un/unha de nos somos seres que nos complementamos, que precisamos relacionarnos con outras persoas para transformarnos, coidarnos, medrar, para coñecer que é o afecto e aprender a partillalo.

Como en todo nesta vida, o amor é mellor se se disfruta ó punto. Comezando por un/unha mesmo/a. Porque para amar a outras persoas primeiro necesitamos practicalo con nós memos ( o que tamén se coñece como amor propio). Así aparece recollido na actividade que se presenta continuación.

Esta actividade daranos a oportunidade de que o alumnado de 4º ESO partille mensaxes cos que  amosar os seus coñecementos sobre este tema, ademáis de, partillar consellos útiles co resto dos membros da comunidade educativa; constríndo pontes que achegen esta información e estes aprendizaxes a outros compañeiros/as do centro, ó profesorado e o resto de persoal que nos acompaña.