Existen tantas formas e expresións de amor, de amorsar agarirmo e afecto como persoas hai neste planeta (ousexa un montón). Todas e cada unha son válidas e nos axudan a entender que todos e cada un/unha de nos somos seres que nos complementamos, que precisamos relacionarnos con outras persoas para transformarnos, coidarnos, medrar, para coñecer que é o afecto e aprender a partillalo.
Como en todo nesta vida, o amor é mellor se se disfruta ó punto. Comezando por un/unha mesmo/a. Porque para amar a outras persoas primeiro necesitamos practicalo con nós memos ( o que tamén se coñece como amor propio). Así aparece recollido na actividade que se presenta continuación.
Esta actividade daranos a oportunidade de que o alumnado de 4º ESO partille mensaxes cos que amosar os seus coñecementos sobre este tema, ademáis de, partillar consellos útiles co resto dos membros da comunidade educativa; constríndo pontes que achegen esta información e estes aprendizaxes a outros compañeiros/as do centro, ó profesorado e o resto de persoal que nos acompaña.