A Unirversidade da Coruña (UDC) abre cada ano as súas portas para ofrecer xornadas nas que as estudantes interesados poden visitar os centros prinicipais e coñecer información acerca do que como é a UDC, que se fai e que poden ofrecer a través dos seus servizos (oferta de residencias, centro de linguas, deporte, área de emprego, etc.). Adémais a universidade da a coñecer másters a través dos seus campos de especialización e centros de investigación.
Esta vez, por motivos de seguridade e saúde, a UDC plantea unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, para que sin saír da nosa casa podamos ter ó noso alcance toda a información que precisamos para tomar decisións no meses de xuño-xullo.
A actividade terá lugar o xoves 23 e o venres 24 de abril en horario de mañá (de 9:30 a 14:00 horas) e de tarde (de 16:00 a 20:00). Segundo informan na web, a plataforma esta mesma tarde.
A oferta de grados para o curso 2020/21 aparecerá organizada segundo as ramas de coñecemento na universidade :
- Artes e Humnaidades,
- Ciencias,
- Ciencias na Saúde,
- Ciencias Sociais e Xurídicas
- Enxeñería e Arquitectura
Lembrar que nesta oferta xa se incluen novidades para o curso 2020/21 como o novo título de grao en Nanociencia e
Nanotecnoloxía, e o Grao aberto en enxeñería Industrial e o Grao aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas.
Tamén podedes consultar os graos que se implementaron por primeira vez este curso como: o
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos, o Grao en Ciencia e Enxeñaría
de Datos e o Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación.
ACCESO:
A través da seguinte ligazón: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/
A través da app da UDC:
- Para Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.udc.campusmobil
- Para IOs: https://apps.apple.com/us/app/udc-mobil/id1245551194?l=es