Tendo en conta que aprender é máis que ler e recordar o día que necesitamos demostrarlle o/a profesor/a canto limos a tarde anterior ou, no mellor dos casos, sabemos (día que adoita ser o do exame).
Co paso do tempo, e a medida que os contidos que temos que dominar son cada vez máis difíciles e complexos, comezamos a caer na conta de que isto de aprender é máis ben un proceso, igual de complexo, no que imos ter que relacionar información que xa coñecíamos con datos novos, organizala en categorías e entendela para ser capaces de explicar cada tema e xerar as nosas propias opinións.
Para simplificar, na presentación aparecen recollidos os pasos necesarios nunha rutina de estudo para que os podas aplicar ou adaptar o teu xeito de estudar.
