Agora xa podes consultar, cando e como queiras, a información sobre a oferta para o curso 20/21 da UDC (41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos) que se facilitou nas Xornadas de Portas Abertas Virtuais (o pasado mes de abril).
Agora poderás consultar:
- Videoconferencias en directo de cada titulación.
- Vídeos dos Centros Universitarios.
- Vídeos co testemuño de alumnado matriculado e alumando xa titulado.
- Vídeos da Vida Universitaria.
- Información de contacto,
- Acceso e admisión,
- Orientación
- Resultados
Para atopar esta información só terás que buscar o grao universitario que che interesa (lembra que as titulacións aparecen agrupadas por Ramas de Coñecemento: ciencias, artes e humanidades, ciencias da saúde, ciencias sociais e xurídicas, enxeñería e arquitectura).
Acceso a través da seguinte ligazón: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/