29 de xuño de 2020

ADMISIÓN A CICLOS DE GRADO MEDIO E MATRÍCULA 20/21



Na seguinte infografía (en formato interactivo) achegamos información importante para realizar a solicitude de admisión en ciclos formativos de FP para o curso 20/21. Tendo en conta o voso interese, centrámonos nas solicitudes para a admisión en ciclos medios en réxime ordinario.


CONSELLOS:

1) Abre a infografía dende un pc para que sexa máis doado visualizar a información.

2) Busca un momento para ler con tranquilidade toda a información sobre o proceso de admisión. É importante ter antes toda a información.

3) Non teñas medo, abre todos os botóns para desplegar os pasos que che indicamos (do 1 ó 7)  e tamén o botón amarelo (onde accederás á web de Admisión 20/21 para facer consulta).

4) Segue as instucións paso a paso.

5) Que a forza (e a paciencia) vos acompañe.




O PRAZO PARA SOLICITAR A ADMISIÓN A UN CICLO FORMATIVO DE GRADO MEDIO abriuse o 25 de xuño e pechará o vindeiro mércores 8 de xullo (ás 13:00)

10 de xuño de 2020

ACOLLIDA ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ola a todas e todos, 

   Queremos darvos a benvida ó alumnado de 6º de EP que  se incorpora a 1º ESO no vindeiro curso 20/21 e tamén súas familias. A situación actual non deixa de ser inédita e excepcional e, como sabemos, non é posible realizar as actividades de acollida que se viñan desenvolvendo en curso anteriores ó chegar o mes de Xuño. Pese a iso, a nosa intención é acompañarvos a partir de agora (e aínda que sexa virtualmente) ao longo desta nova etapa.



Se a situación sanitaria e as medidas de seguridade e protección o permiten, a dirección do centro e ó departamento de orientación gustaríanos convidar a un breve encontro  o mércores 9 de setembro ás 11:30 ó alumnado e as familias, no que facilitar unha primeira toma de contacto co centro e coa súa organización e funcionamento. 



Para ir abrindo boca, ocorréusenos presentarvos a ESO e as actividades no IES a través dunha experiencia un tanto singular. 

Para vivila só tes que premer na presentación (lembra premer en todos os botóns e onde vexas as palabras máxicas "+ INFO") e...

                                                             BOA VIAXE!


1 de xuño de 2020

Falemos da FP (tecnicamente)

Hoxe imos a falar da Formación Profesional (FP para case todas e todos nós). 


Na presentación aparece información importante sobre o qué é e o que no é, a súa estrutura, organización, centrándonos despois nos Ciclos Formativos de Grao Medio e o seu proceso de admisión e matrícula.


Ademáis de toda esta información, o seu formato interactivo levaranos a diferentes webs e vídeos que nos axudarán a ter unha idea mellor sobre a FP, a súa oferta (tamén en Galicia), os criterios para acceder, e outras lizagóns que pensamos que poden ser de interese á hora de elexir esta opción formativa.





Como exemplo, veremos o Ciclo Medio de Electromecánica de vehículos e os elementos que necesitamos ter en conta.

                                                      Preme na imaxe para descargar

Pero a FP aínda dá para moito máis, así que vos deixamos ligazóns onde atoparedes diferentes recursos e información:

- Axudas económicas para realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT) e a FP Dual (convocatoria 2 de xuño 2020): http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31225

- Decide itinerariohttp://www.todofp.es/decide/

- Os títulos de FP máis demandados polas empresas: https://www.youtube.com/watch?v=7tx4L21g6hM