27 de marzo de 2020

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES AS INSUAS NA EMERXENCIA SANITARIA COVID-19





Bo día,

A situación que estamos a vivir é extraordinaria para todas e todos e, inevitablemente, ten implicacións na nosa capacidade de traballo, para o mantemento de rutinas, no xeito de relacionarnos, de xestionar a sobreinformación que nos chega dos medios de comunicación, mesmo transforma a nosa percepción e emocións cara a realidade que manexamos día a día. 

É por iso que o Departamento de Orientación do IES As Insuas pon a disposición do alumnado, as familias e do profesorado varios medios para axilizar calquera consulta ou comunicación:

-          Email: sandracarracedo@edu.xunta.es (prégase que no corpo do correo se identifique o nome e o curso da/o alumna/o).

-            Instagram (chat): @orientaasinsuas, Twitter: orientaasinsuas






Se nalgún momento precisas axuda nas seguintes circunstancias, non dúbides en poñerte en contacto connosoco:


  •   Dificultades emocionais, tensión, ansiedade.
  •   Problemas para manexar relacións, na comunicación, autocontrol.
  •   Dificultades de organización e planificación das tarefas académicas.
  •   Para mellorar a comunicación co profesorado titor ou profesorado de materias.
  •   Apoio ó alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe ou que presenta outras necesidades/condicións que afectan ó proceso de ensino-aprendizaxe e o desenvolvemento.
  •   Aclarar dúbidas sobre xestións académicas: avaliacións, prazos de matrícula, etc.
  •   Dúbidas sobre o futuro académico e profesional: elección de estudos, requisitos e vías de acceso a estudos medios e superiores, as opcións que existen en 3º e 4º ESO, etc.