Emprega unha APP para escanear os teus arquivos e entregar as tarefas a tempo.
Boas,
O profesorado das insuas quere propoñervos un método ràpido e cómodo para enviar as tarefas. Emprega o teu teléfono móbil para escanear o documento e envialo como arquivo PDF por email o antes posible. Só che levará 2 minutiños.
Pasos a seguir:
1°) Descarga unha app para o móbil (hai a moreas que fan isto, a que che propoñemos porque é moi sinxela é: Simple Scan-Free PDF Scanner App.
2°) Despois, colledes o documento que queredes escanear.
3°)sacades unha foto e vedes que aparecen unhas líneas verdes cuns puntos. Ben, estas líneas serven para axustar o documento que se quere escanear, é o marco do documento.
4°) Tachán! Xa temos o doc escaneado.
5°) Poñédelle nome (importante) e gardades (imaxe 6).
6°) Vai á galería do programa. Unha vez na galería, fixádevos no marco superior á dereita, vedes PDF.
TACHÁN! Dádeslle e tendes a fotoo en PDF!
7°) Elexides símbolo de compartir ubicado arriba á derreita e o gardades en DRIVE (ollo a gardalo na conta do centro!!) ou directamente o subides a classroom (aconsello a primeira opción).
E...TACHÁN! TENDES UN PDF QUE É MOITO MÁIS PRÁCTICO QUE UNHA FOTO!
Para calquera dúbida , preguntade