ORIENTACIÓNS PARA AFRONTAR A CORENTENA POLO COVID-19
Non é doado continuar coa nosa vida diaria nestes tempos de corentena e aillamento do COVID-19 (tamén coñecida en tódolos medios de comunicación como a "a crise do Coronavirus").
Basta xa de "telepixamear", de angustiarse coas tarefas académicas, de que o tempo pase sen darnos conta, etc.
Aquí vai unha proposta con 5 consellos para ficar na casa durante estos días.
Infografía #Euficonacasa. Pincha AQUI.
Infografía #Euficonacasa. Pincha AQUI.
Ademáis destes consellos, propoñémosvos outras actividades que poden axudar a mellorar o voso estado de ánimo ou facer desta situación extraordinaria unha oportunidade para desenvolver a vosa creatividade. Por exemplo:
- Escribe un diario: no que lle contes o teu " Eu do futuro" como está a ser a experiencia de quedar na casa durante a corentena, recoller a información que che chega polos medios de comunicación, a túa opinión, que dificultades estas atopando, emocións ( medo, confusión,...), que oportunidades che proporciona pasar tanto tempo en casa, expectativas para cando remate e todo o que se che ocorra.
- Crear microrelatos, ou historias gráfias, comics, ilustracións sobre o coronavirus, os movementos nas redes sociais, profesionais que traballan en primeira línea, ou-se o que procuras é evadirte- busca a inspiración en calquera outro tema que che interese ou che xere curiosidade.
- Escribille unha carta a unha persoa (pola razón que sexa, a un amigo/a, un familiar/ un/ha profesor/a, etc.) e enviarlle unha foto por whatssap/email.