31 de marzo de 2020
27 de marzo de 2020
ORIENTACIÓNS PARA AFRONTAR A CORENTENA POLO COVID-19
Non é doado continuar coa nosa vida diaria nestes tempos de corentena e aillamento do COVID-19 (tamén coñecida en tódolos medios de comunicación como a "a crise do Coronavirus").
Basta xa de "telepixamear", de angustiarse coas tarefas académicas, de que o tempo pase sen darnos conta, etc.
Aquí vai unha proposta con 5 consellos para ficar na casa durante estos días.
Infografía #Euficonacasa. Pincha AQUI.
Infografía #Euficonacasa. Pincha AQUI.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES AS INSUAS NA EMERXENCIA SANITARIA COVID-19
Bo día,
A situación que estamos a vivir é extraordinaria para todas e todos e, inevitablemente, ten implicacións na nosa capacidade de traballo, para o
mantemento de rutinas, no xeito de relacionarnos, de xestionar a
sobreinformación que nos chega dos medios de comunicación, mesmo transforma a nosa percepción e
emocións cara a realidade que manexamos día a día.
É por iso que o Departamento
de Orientación do IES As Insuas pon a disposición do alumnado, as familias
e do profesorado varios medios para axilizar calquera consulta ou comunicación:
-
Email: sandracarracedo@edu.xunta.es (prégase que no corpo do correo se
identifique o nome e o curso da/o alumna/o).
- Instagram (chat): @orientaasinsuas, Twitter: orientaasinsuas
24 de marzo de 2020
Boas xente!
Ola a todas e todos,
Benvidos a esta aventura. Estos últimos días estamos a vivir unha situación bastante estraña coa emerxencia sanitaria do COVID-19 e a medida da corentena que tanto nos limita. Polo que chegou o momento de abrir unha pequena fiestra pola que manter comunicación cos membros da comunidade educativa (cos meus compañeiras/os e, sobre todo, co alumnado do IES As Insuas e as súas familias) e, ó mesmo tempo, dar continuidade ás tarefas informativas e de asesoramento que vimos desenvolvendo ao longo do curso dende o Departamento de Orientación.
En realidade, a idea de adicar tempo e esforozo a unha ferramenta compartida como este blog xa me leva un tempo rondando pola cabeza pero deixábao na lista de "cousas que algún día farei". Porén, as circunstancias nas que nos atopamos non poden ser mellores para retomar antigos proxectos ós cales que non poidemos adicar tempo ou , simplemente, non era o momento para darlles inicio. Coma é o caso deste blog.
É máis, creo que é moi importante para sobrelevar esta corentena, e o illamento que esta supón, o feito de continuar na medida do posible coas nosas rutinas diarias, amosar que nos preocupamos polo benestar das persoas que forman parte da nosa vida (aínda que estos días non as vexamos ou podamos tocalas) e ter a oportunidade de facer preguntas, resolver dúbidas. En definitiva, trátase de sentir que hai alguén ó outro lado dos cables e da pantaia que nos acompaña doutro xeito, pero está ahí e ahí se vai a quedar o tempo que precisemos.
Alegróme moito de comezar esta andadura e de facelo xunto a todos vós.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)