1 de abril de 2020

ESTREAMOS A APLICACIÓN ORIENTALINE!

 


Aproveitando que estes días traballamos a distancia e, moitos de nós, recurrimos a ferramentas online, estreamos  a aplicanción ORIENTALINE na web do centro. 


 O departamento de orientación convídavos a empregar este portal para buscar información sobre a estrutura do sistema educativo (materias na ESO, FP básica, vías de acceso á FP de grao medio e superior, modalidades de Bachareato e a súa relación con graos universitarios e ciclos formativos de grao superior). Tamén se inclúen cuestionarios para coñecer cualidades e intereses persoais e datos acerca da inserción laboral segundo a área profesional. 


Toda esta información pode resultar moi útil para comezar a facer pequenas eleccións  ou tomar decisións de cara o vindeiro curso, como por exemplo:
  •  Materias ou opción máis interesante na ESO segundo a situación individual de cada alumna/o.
  •  Modalidades de Bacharelato, estrutura de cada unha e estudios superiores ós que dan acceso. 
  • Familias profesionais na Formación Profesional e ciclos de grao medio e superior en cada unha.
  • Requisitos de acceso a estudos superiores.
  • Ensinanzas de Réximen Especial (idiomas, música, danza, etc.).
  • Oferta de estudos en Galicia (organizado por provincias) pero tamén noutras comunidades autónomas. 





            Pulsa AQUI para acceder a web do centro, so é preciso pinchar na ligazón que aparece en cor azul para entrar na plataforma.


Do mesmo xeito, o departamento vai a intentar guiarvos dentro das posibilidades que nos ofrece a plataforma e proporávos unha ruta a seguir segundo as vosas necesidades e o curso no que vos atopedes actualmente, especialmente tendo en conta que a partir de 2º ESO xa temos que ir pensando en elexir opción académica ou  aplicada e que esta decisións carrea tomar outras en 3º e 4º de ESO. Para isto, irémonos poñendo en contacto con cada un de vós a través dos titores unha vez voltemos das vacacións de Semana Santa. 

Para calquera dúbida que surxa durante este proceso contacta connosco. 


   Ánimo e fouteza!