30 de abril de 2020

CANDO VOU A FACER ESAS TAREFAS? NAVEGANDO NO TEMPO



CANDO VOU A FACER ESA TAREFAS? Se esa pregunta rolda pola túa cabeza últimamente debes saber que existen varias ferramentas poden axudarche a planificar en que momentos traballar como por exemplo: un horario, unha axenda, un almanaque (é cuestión de probar e ver cal resulta máis útil) . 


Propoño comezar cun almanaque de 2020; xa que é unha ferramenta moi visual que nos vai a permitir organizar  tarefas que non son diarias e que necesitan unha planificación a máis longo prazo  (2-3 semanas) e, o que é máis importante, garántenos que no non imos a esquecer de datas importantes.


Por onde empezo? Consellos para o seu uso:

1) Sinala  os días festivos ou non lectivos (así xa non contamos con eles).

 2) Marca as datas de entrega de traballos, fichas, lecturas, entrega do material das materias pendentes, presentacións, etc.

 3) Destaca as datas dos exames.

 4) Tamén se poden sinalar as datas de actividades puntuais no centro, nas materias, concursos, etc.

 5) Seguro que tamén hai outras datas que desexas lembrar e que podes engadir a túa planificación (entrenamentos, campionatos, derbis, concertos, viodeochamada a un amigo/a, un aniversario, etc.) .


Ésta proposta trátase dun documento EXCEL moi sinxelo no que tan só temos que picar nas pestanas que aparecen na parte inferior para movernos polos meses do ano. O formato permite tanto editalo como imprimilo mes a mes.