2 de abril de 2020

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC


 6,7,8 de Abril





A Universidade de Santiago (USC) levará adiante o seu Programa "A Ponte entre a USC e o Ensino medio" pero este ano dun xeito especial, posto que a situación de confinamento que estamos a vivir tamén o é. 

Deste xeito, non se poderán levar a cabo as charlas que xa tiñamos programas no IES pero existe a posibilidade de achegarnos á oferta da USC sen necesidade de quitarnos as zapatillas.

Nos Encontros podes facer un percorrido polas titulacións de grao e algúns Servizos que a USC pon a disposición dos e das estudantes. 

Esta actividade está pensada para alumnado preuniversitario (no noso caso da ESO pero tamén vai a ser últil para estudantes de Bacharelato e ciclos formativos de grao superior) e para as súas familias. 

As datas previstas son os días 6, 7 e 8 de Abril.  Neses días terás a oportunidade de acceder a:

  • Información dos graos universitarios en formato presentación (organizados en áreas de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias, Arte e Humanidades, Ciencias da Saúde e Ciencias Sociais e Xurídicas).
  • Obradoiros.
  • Concursos.
  • Viodeoconferencias específicas de cada título con posibilidade de interactuar co profesorado para preguntar dúbidas.
  • Comunicación con estudantes universitarios para coñecer a súa experiencia e opinicón (chats, foro).
  • Retos científicos.


Segundo informa a web, a páxina comezará a estar operativa a partir do sábado  4 de Abril.

Para acceder so precisas pinchar nesta ligazón: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais