3 de abril de 2020

PLANS PARA AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA: COMBATER O ABURRIMENTO E O CORONAVIRUS


       #VACACIÓNSNACASA



E por fin chegaron as vacacións! É certo que, como todo o acontecido nos últimos días, van a ser un tanto especiais pero iso non quere dicir que non podamos facer plans (aínda que sexan a distancia) con nos mesmos, con distintos membros da familia e mesmo con amigas/os ou compañeiras/os de clase que se apunten á brincadeira.


Coincidiredes en que todas/os necesitamos desconectar do traballo (ou mellor dito, teletraballo) por un tempo, e estas vacacións son perfectas para buscar e investigar diferentes opcións para gozar deste tempo libre e axilizar o paso dos días ( máis agora, que se van alongando un pouquiño cada día).


 As compañeiras do Departamento de orientación do IES Antón Alonso Ríos fannos unha proposta de actividades máis que interesante que podedes aproveitar nesta Semana Santa. Para acceder pichade AQUÍ.




 Se as vacacións se fan moi longas, incluimos outras propostas de actividades como cine, escoitar podcast, obradoiros, xogos, retos, e máis cousas da man do IES Peñamayor e o blog do seu departamento de orientación. Para botarlle unha ollada ó menú, PINCHA AQUÍ.


As novas tecnoloxías tamén nos serven para combater o aburrimento e axúdannos a sentirnos menos aillados en tempos de corentena como no seguinte caso:

    • Botar unha partida e desafíar a túa familia ou amigas/as coa App Guess up.
    • Ver series ou escoitar música cos túas amigas e amigos e ó tempo comentalas a través da App Rave.
    • Xogar con House Party partidas interactivas. 
    • Facer unha lista de música en Spotify que logo podas partillar con quen queiras.


O mundo da cultura e a música estanse volcando en poñer a libre disposición diferentes recursos para todo aquel que queira gozar deles. Un exemplo é a iniciativa de Instagram para ver actuacións musicais: #YoMeQuedoEnCasaFestival. 

Pero o que che apetece é ver cine esta é a túa. A oferta de Somos Cine de rtve é unha aposta segura polo sofá e un cubo de flocos de millo.


Seguro que hai moitas máis...así que se coñeces outras iniciativas podes engadilas en comentarios para que outras persoas podan ter acceso.


Tendo todas estas posibilidade ó alcance de tan só un click, é importante planificar de antemán canto tempo lle imos adicar ás pantaias. As nosas familias poden axudarnos a facelo. 

Temos moitos días por diante e se queremos gozar das vacaciones -todos os membros da familia- o máis probable e que teñamos que dosificar cada un de nós o uso que facemos de intenet, das redes e dos aparellos.

Que teñamos a oportunidade de traer o mundo exterior ó salon da nosa casa non significa que teñamos que renunciar a facer actividades con outras persoas como as nosas nais/pais, irmáns e avós. Temos tempo para todo e para todos.


                    Estamos xuntx nisto e xuntx sairemos adiante!