Organizar as tarefas cada semana e cada mes axúdanos a ver con perspectiva cal será o noso ritmo de traballo nos vindeiros días.
Este sistema mellora a nosa capacidade de reacción, previsión e, nalgúns momentos, contribúe a reducir tensións e emocións que xogan na nosa contra como a ansiedade.
Organizarse consiste en pararnos a pensar cada luns: CAL É O MEU OBXECTIVO ESTA SEMANA? e seguimos...
a) Qué traballo teño que facer?
b) Cal é data límite?
c) Necesito axuda?
d) Que recompensa me vou a dar se cumpro o meu obxectivo/ cando remate o meu traballo.
O planificador semanal pode ser unha ferramenta que nos axude a manexar esta información ó comezo de cada semana. Podemos colgalo no taboleiro ou poñelo nalgún lugar á vista para non esquecer cal é o obxectivo e como o desenvolvemos cada semana.
Para descargalo PREME AQUI.