30 de abril de 2020

CANDO VOU A FACER ESAS TAREFAS? NAVEGANDO NO TEMPO



CANDO VOU A FACER ESA TAREFAS? Se esa pregunta rolda pola túa cabeza últimamente debes saber que existen varias ferramentas poden axudarche a planificar en que momentos traballar como por exemplo: un horario, unha axenda, un almanaque (é cuestión de probar e ver cal resulta máis útil) . 


Propoño comezar cun almanaque de 2020; xa que é unha ferramenta moi visual que nos vai a permitir organizar  tarefas que non son diarias e que necesitan unha planificación a máis longo prazo  (2-3 semanas) e, o que é máis importante, garántenos que no non imos a esquecer de datas importantes.


Por onde empezo? Consellos para o seu uso:

1) Sinala  os días festivos ou non lectivos (así xa non contamos con eles).

 2) Marca as datas de entrega de traballos, fichas, lecturas, entrega do material das materias pendentes, presentacións, etc.

 3) Destaca as datas dos exames.

 4) Tamén se poden sinalar as datas de actividades puntuais no centro, nas materias, concursos, etc.

 5) Seguro que tamén hai outras datas que desexas lembrar e que podes engadir a túa planificación (entrenamentos, campionatos, derbis, concertos, viodeochamada a un amigo/a, un aniversario, etc.) .


Ésta proposta trátase dun documento EXCEL moi sinxelo no que tan só temos que picar nas pestanas que aparecen na parte inferior para movernos polos meses do ano. O formato permite tanto editalo como imprimilo mes a mes. 





27 de abril de 2020

GUIA PREUNIVERSITARIA UNIVERSIA


Comparto unha guía preuniversitaria que Mónica Diz publicou no seu blog e me pareceu moi interesante traela aquí para debullala entre todas e todos. 

Esta guía foi editada pola web Universia e diríxese preferentemente a alumnado de BAC., aínda que tamén pode resultar útil para alumnado de 3º e 4º ESO onde xa é preciso elexir entre varias opcións e tipo de ensino medio ou posobrigatorio (BAC., FP, etc.) pensando no futuro, así como para as vosas familias que vos axudarán a tomar estas decisións.  

Nela, atoparedes información acerca de Formación Profesional e as súas saídas laborais, as ABAU, universidade, residencias, becas para estudar no estranxeiro, etc. 

Para descargala PREME AQUI.




Accede a máis información no portal  PREUNIVERSITAIOS de Universia.


24 de abril de 2020

Revista entre estudantes



A revista "entre estudiantes" ven de publicar o seu número de abril de xeito gratuíto para que o podas consultar dende casa  e en calquera momento. Entre os seus contidos, fala de cuestións relacionadas con estudos superiores (ciclos de FP, universidade), culturais e tamén de ocio.

 É un número interesante para coñecer de inicio as opcións académicas e oportunidades laborais no eido  da  Enxeñería e a tecnoloxía, da animación dixital, dentro das familia profesionais de artes aplicadas e de administración e finanzas.

Para descargala tan só preme na imaxe.



22 de abril de 2020

Xornadas de portas abertas virtuais UDC







A Unirversidade da Coruña (UDC) abre cada ano as súas portas para ofrecer xornadas nas que as estudantes interesados poden visitar os centros prinicipais e coñecer información acerca do que como é a UDC, que se fai e que poden ofrecer a través dos seus servizos (oferta de residencias, centro de linguas, deporte, área de emprego, etc.). Adémais a universidade da a coñecer másters a través dos seus campos de especialización e centros de investigación. 

Esta vez, por motivos de seguridade e saúde, a UDC plantea unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, para que sin saír da nosa casa podamos ter ó noso alcance toda a información que precisamos para tomar decisións no meses de xuño-xullo.

A actividade terá lugar o xoves 23 e o venres 24 de abril en horario de mañá (de  9:30 a 14:00 horas) e de tarde (de 16:00 a 20:00). Segundo informan na web, a plataforma esta mesma tarde.


A oferta de grados para o curso 2020/21 aparecerá organizada segundo as  ramas de coñecemento na universidade :

                         - Artes e Humnaidades, 
                         - Ciencias, 
                         - Ciencias na Saúde, 
                         - Ciencias Sociais e Xurídicas  
                         - Enxeñería e Arquitectura


Lembrar que nesta oferta xa se incluen novidades para o curso 2020/21 como o novo título de grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, e o Grao aberto en enxeñería Industrial e o Grao aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas.

Tamén podedes consultar os graos que se implementaron por primeira vez este curso como: o Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos, o Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos e o Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación.


ACCESO:



A través da app da UDC:





                                                                                                         


20 de abril de 2020

O noso tempo é ouro: organización e planificación das tarefas académicas






 
Organizar as tarefas cada semana e cada mes axúdanos a ver con perspectiva cal será o noso ritmo de traballo nos vindeiros días. 

Este sistema mellora a nosa capacidade de reacción, previsión e, nalgúns momentos, contribúe a reducir tensións e emocións que xogan na nosa contra como a ansiedade.

Organizarse consiste en pararnos a pensar cada lunsCAL É O MEU OBXECTIVO ESTA SEMANA? e seguimos...

   a) Qué traballo teño que facer?

   b) Cal é data límite?

   c) Necesito axuda?

   d) Que recompensa me vou a dar se cumpro o meu obxectivo/ cando remate o meu traballo.


O planificador semanal pode ser unha ferramenta que nos axude a manexar esta información ó comezo de cada semana. Podemos colgalo no taboleiro ou poñelo nalgún lugar á vista para non esquecer cal é o  obxectivo e como o desenvolvemos cada semana.

                                             Para descargalo PREME AQUI.




                     



                                                                                                       




 

15 de abril de 2020

Guía de actividades e manexo da situación de confinamento en familia




Esta guía de Cruz Vermella esta pensada para todos os membros da familia. Divídese en 3 apartados:

  • Información adaptada a nenos e nenas sobre o Coronavirus.
  • Manexo parental da situación de estado de alarma con diferentes recomendacións.
  • Actividades e recursos organizados segundo a idade e temática.







                                                DESCARGAR AQUÍ.







AXENDA PARA ADOLESCENTES CONFINADOS





O Colexio Oficial de Psicloxía de Galicia (COP) publica 5 aspectos clave para coidar do noso benestar físico e psicolóxico durante o confinamento.





                                                                DESCARGA AQUÍ

3 de abril de 2020

PLANS PARA AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA: COMBATER O ABURRIMENTO E O CORONAVIRUS


       #VACACIÓNSNACASA



E por fin chegaron as vacacións! É certo que, como todo o acontecido nos últimos días, van a ser un tanto especiais pero iso non quere dicir que non podamos facer plans (aínda que sexan a distancia) con nos mesmos, con distintos membros da familia e mesmo con amigas/os ou compañeiras/os de clase que se apunten á brincadeira.


Coincidiredes en que todas/os necesitamos desconectar do traballo (ou mellor dito, teletraballo) por un tempo, e estas vacacións son perfectas para buscar e investigar diferentes opcións para gozar deste tempo libre e axilizar o paso dos días ( máis agora, que se van alongando un pouquiño cada día).


 As compañeiras do Departamento de orientación do IES Antón Alonso Ríos fannos unha proposta de actividades máis que interesante que podedes aproveitar nesta Semana Santa. Para acceder pichade AQUÍ.




 Se as vacacións se fan moi longas, incluimos outras propostas de actividades como cine, escoitar podcast, obradoiros, xogos, retos, e máis cousas da man do IES Peñamayor e o blog do seu departamento de orientación. Para botarlle unha ollada ó menú, PINCHA AQUÍ.


As novas tecnoloxías tamén nos serven para combater o aburrimento e axúdannos a sentirnos menos aillados en tempos de corentena como no seguinte caso:

    • Botar unha partida e desafíar a túa familia ou amigas/as coa App Guess up.
    • Ver series ou escoitar música cos túas amigas e amigos e ó tempo comentalas a través da App Rave.
    • Xogar con House Party partidas interactivas. 
    • Facer unha lista de música en Spotify que logo podas partillar con quen queiras.


O mundo da cultura e a música estanse volcando en poñer a libre disposición diferentes recursos para todo aquel que queira gozar deles. Un exemplo é a iniciativa de Instagram para ver actuacións musicais: #YoMeQuedoEnCasaFestival. 

Pero o que che apetece é ver cine esta é a túa. A oferta de Somos Cine de rtve é unha aposta segura polo sofá e un cubo de flocos de millo.


Seguro que hai moitas máis...así que se coñeces outras iniciativas podes engadilas en comentarios para que outras persoas podan ter acceso.


Tendo todas estas posibilidade ó alcance de tan só un click, é importante planificar de antemán canto tempo lle imos adicar ás pantaias. As nosas familias poden axudarnos a facelo. 

Temos moitos días por diante e se queremos gozar das vacaciones -todos os membros da familia- o máis probable e que teñamos que dosificar cada un de nós o uso que facemos de intenet, das redes e dos aparellos.

Que teñamos a oportunidade de traer o mundo exterior ó salon da nosa casa non significa que teñamos que renunciar a facer actividades con outras persoas como as nosas nais/pais, irmáns e avós. Temos tempo para todo e para todos.


                    Estamos xuntx nisto e xuntx sairemos adiante!








1 de abril de 2020

ESTREAMOS A APLICACIÓN ORIENTALINE!

 


Aproveitando que estes días traballamos a distancia e, moitos de nós, recurrimos a ferramentas online, estreamos  a aplicanción ORIENTALINE na web do centro. 


 O departamento de orientación convídavos a empregar este portal para buscar información sobre a estrutura do sistema educativo (materias na ESO, FP básica, vías de acceso á FP de grao medio e superior, modalidades de Bachareato e a súa relación con graos universitarios e ciclos formativos de grao superior). Tamén se inclúen cuestionarios para coñecer cualidades e intereses persoais e datos acerca da inserción laboral segundo a área profesional. 


Toda esta información pode resultar moi útil para comezar a facer pequenas eleccións  ou tomar decisións de cara o vindeiro curso, como por exemplo:
  •  Materias ou opción máis interesante na ESO segundo a situación individual de cada alumna/o.
  •  Modalidades de Bacharelato, estrutura de cada unha e estudios superiores ós que dan acceso. 
  • Familias profesionais na Formación Profesional e ciclos de grao medio e superior en cada unha.
  • Requisitos de acceso a estudos superiores.
  • Ensinanzas de Réximen Especial (idiomas, música, danza, etc.).
  • Oferta de estudos en Galicia (organizado por provincias) pero tamén noutras comunidades autónomas. 





            Pulsa AQUI para acceder a web do centro, so é preciso pinchar na ligazón que aparece en cor azul para entrar na plataforma.


Do mesmo xeito, o departamento vai a intentar guiarvos dentro das posibilidades que nos ofrece a plataforma e proporávos unha ruta a seguir segundo as vosas necesidades e o curso no que vos atopedes actualmente, especialmente tendo en conta que a partir de 2º ESO xa temos que ir pensando en elexir opción académica ou  aplicada e que esta decisións carrea tomar outras en 3º e 4º de ESO. Para isto, irémonos poñendo en contacto con cada un de vós a través dos titores unha vez voltemos das vacacións de Semana Santa. 

Para calquera dúbida que surxa durante este proceso contacta connosco. 


   Ánimo e fouteza!