Nestes dous últimos meses estamos a ver que "teletraballar" ou traballar a distancia ten algunhas ventaxas ( podemos facelo en zapatillas, o horario é máis flexible,...) pero tamén implica algunhas desventaxas ( é doado deixarse levar pola preguiza, deixalo para o último día, esquecerme dos días de entrega, etc.)
Por este motivo, é imprescindible un ritmo de traballo diario e organizar ese tempo que lle imos adicar a desenvolver tarefas/estudar (ao que lle imos chamar "sesión de teletraballo").
Que cousas debemos ter en conta antes de comezar unha sesión de teletraballo?
1. As materias que imos a
traballar cada día. Na ESO recoméndase traballar 3-4 materias por sesión.
2. A plataforma pola que
nos chegan as tarefas (Classroom, aula virtual, etc.). Aquí
podemos recoller por escrito o email do profesor/a, así como, o contrasinal de
acceso para telo a man.
3. As tarefas de cada
materia (Qué teño que facer?)
4. As datas de entrega de
cada traballo/tarefa.
5. Trátase de poñer orde e dar prioridade. É dicir, pensar por cal das materias vou a comezar
a sesión e a orde que vou a seguir cas demais ( 1ª, 2ª, 3ª ou 4ª).
Dous aspectos clave:
a) A data de entrega
(que xa nos está a dar pistas sobre a urxencia da tarefa)
b) Comezar polas
tarefas que requirán máis tempo e esforzo (as máis difíciles, para entendernos) e deixar para o final aquelas actividades que requiran menos concentración.
6. Revisar se temos algunha
titoría en liña esa xornada (e anotala).
7. Consello: marca as
tarefas que vas facendo e, se ó rematar a sesión tes algunha tarefa pendente ou sen rematar deixaa marcada para tela en conta na seguinte sesión.
Este organizador para sesións de teletraballo pode ser unha ferramenta útil. Descarga a prantilla en
PDF ou o documento editable en
WORD.